No IES As Barxas temos sorte. Contamos entre as nosas compañeiras con Luz Beloso e con Inés Padín. A primeira, ademais de dar clases de plástica, é capaz de encher de vida os álbumes e libros que ilustra. A segunda, ademais de bregar a diario cos números das mates, é capaz de conmover e emocionar coa súa voz. "As receitas de Rosaura" é un libro escrito por Isabel Blanco e ilustrado por Luz, que Inés leu para o alumnado de 1º ESO. Foi unha gozada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario