martes 6 de marzo de 2012

Paixón pola lectura.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares  pedíu ao noso Centro un video para a promoción dun concurso de blogs organizado pola OEI (Organización de Estados Iberoamericanos). Este foi o resultado da colaboración do Equipo de Biblioteca, o Departamento de Plástica e os nosos alumnos e profesores. Grazas a todos!




video

Se tedes curiosidade, polo proxecto completo ou, simplemente queredes ver como quedou publicado o  video  premede neste link.

domingo 4 de marzo de 2012

Nova edición do Salón do Libro

Hoxe arranca o 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, como sempre cheo de actividades e suxerencias para nenos e non tan nenos. Disfrutade da visita e boa feira para todos!


Programa

As librerías máis bonitas do mundo.

Ningún amante dos libros e da lectura pode deixar  de ver esta fermosa galería de librerías publicada po El Pais. Disfrutade dos libros e da arquitectura!

domingo 26 de febrero de 2012

Día dos namorados.





A Biblioteca quixo contribuir ás celebracións do día dos namorados  cunha pequena escolma de  "románticas" suxerencias literarias de todos os tempos e para todas as idades. 
    Velaí as tendes.


I Semana da ciencia: un éxito!

 
   A Semana da Ciencia, organizada polo Departamento de Ciencias e o Equipo de Biblioteca,  foi UN  GRANDE ÉXITO: todos os eventos que tiveron lugar, contaron cunha numerosa participación dos alumnos.




         O OBRADOIRO DE FÓSILES foi unha iniciativa desenvolvida polos rapaces a partir das indicacións dos profesores e duns paneis informativos onde estaban sinalados os pasos que debían seguir.

         A EXPOSICIÓN ADICADA AOS DINOSAURIOS foi visitada pola maior parte dos grupos do centro, acompañados das explicacións dos seus profesores de Ciencias. A ampla e variada colección de FÓSILES espertou o interese dos alumnos.

         Tamén o CONCURSO obtivo unha participación numerosa. Cada día colocamos unha pregunta nun panel, os rapaces contestábana nunca tarxeta que era introducida nunha urna.

          Os ganadores recibiron o seu agasallo con timidez, pero orgullosos do seu acerto. 








      Alumnos gañadores:  



1º premio: Xoel Iglesias Cruz e Nicolás Fernández Malvido                                        2º premio: Alejandro Iglesias Pequeño e Saúl Menduiña Solla

Respostas correctas:

1. Glossopetrae.
2. Cruziana.
3. Richard Owen.
4. Mamut.
5. Tiktaalik.


viernes 24 de febrero de 2012

Curta de Oscar.

Xa fai un tempo que temos no noso poder esta maravillosa curta do ilustrador e director de cinema William Joyce e Brandon Oldenburg. Esta fin de semana pode recibir o Oscar xa que está nominada como mellor curta de animación.

Namentras esperamos ao xa consabido "...and the winner is..." disfrutade desta historia que paixón polos libros, as bibliotecas e a lectura.


jueves 23 de febrero de 2012

Os nosos parabéns!!!

Hoxe, día 24 de febreiro, conmemórase o 175 nacemento da nosa máis querida escritora: Rosalía de Castro. A  Asociación de escritores en língua galega   está a recordar esta data con diferentes actos de  lectura  pública da súa obra por toda Galicia. Asemande, invitanos a festexar a data  agasallando un libro en galego  e unha flor.

Disfrutade deste fermoso poema seu " Adiós ríos, adiós fontes"  interpretado por Amancio Prada.

video