miércoles, 22 de febrero de 2017

UNHA OLLADA AO CÓMIC GALEGO


Onte os nosos alumnos e alumnas do Club de Manga foron convidados á inauguración da exposición De Castelao ao mañá: Unha ollada ao cómic galego, coordinada polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e comisariada por Octavio Beares, especialista no cómic galego. E non podía haber mellor evento ca este para dar comezo á recta final dos preparativos para a gran convención de cómic e manga que imos celebrar en Moaña a mediados de maio.


Despois do recreo, os nosos mangas xa estaban ansiosos por saír rumbo ao IES Paralaia, que vai acoller esta exposición durante os próximos días.



Nos meses que levan traballando xuntos vanse consolidando novas amizades. Dá gusto ver que ben acollen sempre os mangas de A Paralaia aos das Barxas.




Antes da inauguración oficial, puidémoslle botar unha breve ollada á exposición.





Despois pasamos ao Salón de Actos onde as autoridades nos presentaron o proxecto desta exposición e o seu por que.



E sen máis dilación pasamos a desfrutar das láminas que se reparten ao longo do corredor do IES A Paralaia. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario