CLUB DE LECTURA

Primeira sesión do Club de Lectura

A inicios de curso pareceunos boa idea vencellar as lecturas que imos facer ao instituto, por qué?, porque cumprimos 25 anos, e porque ás veces lemos tan lonxe que esquecemos aos que temos ao carón.

E así empezamos, o luns 18 de novembro comentaremos "As humanas proporcións" de Xesús Constela; aos 25 anos do instituto, engádense os 10 anos da publicación do libro (Premio Torrente Ballester 2003), engádense os 5 anos deste Club ... e aínda non dixemos que Xesús foi profesor aquí, entre os anos 1993 e 2000, profesor de inglés, de francés se era necesario, coordinador dun programa de formación do profesorado no centro, vicedirector dous anos, participante nos intercambios cun centro irlandés da zona de Cork (Ballingeary), en fin, un profesor moi comprometido.

Xesús Constela
O matrimonio Arnolfini (portada "As humanas proporcións")















E non podiamos deixar pasar a oportunidade de invitalo a vir, e el aceptou sen pensalo co día que nós propuxemos.

Sabedes que ten máis libros publicados: "Shakespeare destilado" (Premio García Barros 2008), "O libro das alquimias" e "15724" o máis recente; e limos que foi finalista no Concurso que convoca "La Voz de Galicia" e que durante o verán vai aparecendo un capítulo diario, e limos que "Shakespeare destilado" vaise traducir ao castelán ...







E Claudia e Sira grabaron un video (dentro da Productorabarxas do OIE, coa colaboración de Mª José) para invitarnos a asistir, e invitárannos ás futuras lecturas ... facerlles caso, seredes ben recibidos.







Proxección da película "Grandes Esperanzas"


 Como complemento á lectura de "Grandes esperanzas" de Dickens,  hoxe veremos  a versión adaptada ao cine por David Lean no ano 1946. Considerada por moitos como a mellor adaptación desta novela logrou en 1946 dous Oscar: Dirección artística (John Bryan e Wilfred Shingleton) e Fotografía (Guy Green). E obtivo as seguintes nominacións: Película, Director e Guión.  Máis info.


Novas actividades do Club de Lectura     




Un ano máis o Club de Lectura “As Barxas”... 
está en marcha!!!

 A afluencia de alumnos e profesores á reunión do 5 de novembro foi desbordante. A máis numerosa ata o de agora. Nesta cita demos conta de "Conto de Nadal".
A intensa participación na tertulia dos rapaces, rapazas, profesores e profesoras, foi abraiante. Os nosos veteranos (Antón, Claudia, Rubén, Juan, Inés...) estiveron, coma sempre, espertos e agudos nos seus comentarios. Os principiantes, máis prudentes e calados, observaban e opinaban...cando lles deixaban.  

O noso camiño xa está comezado e nos queda moito por andar.

 Ata a próxima, compañeiros e compañeiras!

  O noso Cub de Lectura xa está en marcha!  



Salida do C.L ao Salón do Libro.

 Os do club de lectura fumos de excursión ao Salón do Libro a Pontevedra. Pasámolo moi ben, sobre todo na obra de teatro Pelos na lingua .
Cando chegamos alí non había nadie no mostrador. Decidimos esperar e apareceron os monitores. Este ano estaba dedicado as supersticións. Estivemos visitando as diferentes salas e cando acabamos de velas todas sentámonos nunhas mesas a comer.
Un ratiño despoís subimos as escaleiras ata chegar ao escenario onde ibamos ver a obra de teatro. Foi moi divertida xa que era unha comedia.
A parte da excursión que menos nos gustou creo que foi a hora de marchar.
                                                                                                        Lucía Martínez Riobó  1ºESO A
Outra reunión do Clube de Lectura


 A proxeción da película El resplandor, baseada na novela do mesmo título, resultou unha sorpresa. O efecto do medo non pareceu afectar en grande medida aos rapaces, que aínda botaron algunha risa. Parece que a obra maestra de Kubrick non superou o paso do tempo.
Por contra, a tertulia posterior deu moito xogo, pois todos os rapaces querían comentar as diferenzas entre filme e novela. Foi un intercambio de opinións moi rápido e entretido.
Parece que a crítica negativa, tanto da novela como da película, desata as linguas! 


Noraboa!!
O noso compañeiro do clube de lectura Angel Villar ven de gañar unha beca nos EE.UU para cursar o  1º curso de Bacharelato. A beca foi  otorgada conxuntamente polas fundacións Pedro Barrié de la Maza e Amancio Ortega e permitiralle cursar 1º de Bacharelato nun  High School nunha cidade americana aínda por determinar. Aquí tendes o enlace a noticia completa publicada esta fin de semana no Faro de Vigo. 



Nova convocatoria do Clube de Lectura.

O día 5 de Marzo temos unha nova cita na Biblioteca do Insti á hora de sempre para comentar e intercambiar impresións sobre a película visionada : El resplandor. Asemade, decidiremos o libro do próximo trimestre. 

 Asistide e....non vos olvidedes do bocata!

Haberá unha bonita sorpresa para todos!!!


Proxección de "El resplandor".

 O próximo día 27 proxectaremos a película "El Resplandor" seguindo coas nosas sesións de  Clube de Lectura do 2º trimestre.   Aqui tendes a ficha técnica do  filme e o trailer para "ir abrindo boca". 





Reunión do día 13 de febreiro.

 O día 13 de febreiro celebramos a reunión do Club de Lectura. Como este ano adicamos as reunións do Club á literatura de misterio e terror, escollimos El resplandor de Stephen King, un clásico do noso tempo.
         As opinións dos alumnos sobre a mesma resultaron variadas e suxerintes. Pero o máis gratificante foi que a tertulia estaba moi viva: a animación da conversa facía que uns interrumpiran aos outros. Todos querían ser escoitados.
         Rapaces…vémonos o luns na proxección da película baseada no libro. Tomade as precacucións oportunas xa que o instituto vai estar a escuras, solitario…e nunca se sabe o que pode pasar!




Próxima reunión do Club de Lectura.

O próximo  Febreiro o club de lectura reunirase  para comentar o libro  "El Resplandor" e a súa película homónima.

A primeira sesión será o dia 13, como sempre despois das clases da mañán, e nela falaremos do libro. A segunda será o luns 27 e  dedicaremola á película.

     

    



A estrada, de Cormac McCarthy, é unha obra inquietante, que nos presenta uO  loita pola supervivencia dun pai e o seu fillo na procura dunha vida mellor é o tema fundamental. A esta obra adicaremos as seguintes sesións do Club de lectura e á comparación coa súa versión cinematográfica.








Comezou o Club de lectura, este ano adicado a Cine e Literatura. A nosa primeira misión é visionar a película El club de los poetas muertos, película na que un grupo de xoves esperta á vida e a literatura a través da figura dun profesor moi especial. A nosa intención é provocar nos rapaces a súa curiosidade pola poesía, así que despois do visionado pedimos aos rapaces que buscasen, para a próxima sesión, algún poema que lles dixese algo especial.

As sesións do Club estamos a celebralas, como en anos anteriores, os luns a mediodía. Aí van algunhas fotos das sesións de visionado.