martes, 2 de mayo de 2017

ROTEIRO LITERARIO "COMO UNHA ÁNCORA" COA NOSA IRIA




Non hai mellor maneira de festexar o 23 de abril que cun roteiro literario. E máis se é coa nosa compañeira, a escritora Iria Collazo. O ano pasado, lemos a súa novela "Como unha áncora" no Club de Lectura. Este ano foi outro centro, o CIFP Manuel Antonio de Vigo, o que abordou a obra. Por iso decidimos organizar unha saída conxunta con alumnxs de ambos os dous centros que nos levou polos diferentes escenarios que aparecen recollidos no texto. Comezamos na Igrexa de San Xoán de Tirán e o cemiterio. Houbo que escoller unha data e unha hora na que a marea estivese baixa para que, ao chegar á praia do Regho da Ribeira, puidesemos ver a Cova da Lontra. Seguimos pola praia do Niño do Corvo, os Catro Camiños, o Camiño Real e, por último, o Monte do Castro, sen perder nunca de vista o mar, o gran protagonista desta novela baseada no naufraxio do Ave do Mar nas Sicas o 11 de novembro de 1956, no que perderon a vida varios mariñeiros de Moaña e de Cangas.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario