lunes, 9 de marzo de 2009


Segunda sesión do Club de lectura

Atendendo á petición dos alumnos que asistiron á anterior sesión, esta nova reunión fixémola o luns 2 de marzo a mediodía. Todos os participantes quedamos a comer no instituto e de seguida comezamos o comentario da novela O neno co pixama de raias, de John Boyle. A sesión comezou co visionado dunha presentación na que se falaba do holocausto sufrido polos xudeus na Alemaña nazi. O tempo dedicado ao comentario quedou de novo curto para todas as opinións que se verqueron sobre a obra. A guerra e as súas terribles consecuencias foron obxecto da reflexión dos asistentes, así como a barbarie do exterminio nazi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario