MARCHAMOS DE EXPEDICIÓN POLO PACÍFICO!!
Durante as dúas primeiras semanas do mes de febreiro marcharemos de excursión cos protagonistas da novela que comentaremos o 22 de febreiro.
Na biblioteca organizamos un concurso que consiste en contestar a unhas preguntas sobre a obra de Marilar Aleixandre. Serán tres preguntas por semana que deberedes contestar ata o venres de cada semana (incluido) e depositar nunha caixa que haberá na biblioteca. Entre os gañadores sortearemos un agasallo.
Pois boa expedición!
ResponderEliminar