martes, 26 de octubre de 2010

DÍA DA BIBLIOTECA

Despois do traballo realizado o ano pasado (proxecto "Biblioteca ilustrada", actualización de equipos informáticos, retirada das portas nos andeis para un acceso máis doado aos fondos,...), e para celebrar a nosa inclusión no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA por todo o alto durante o recreo convidando a todo o alumnado e profesorado a un anaco de torta. Por unha vez, e sen que sirva de precedente, hoxe todos incumplimos a norma que di que non se pode comer na biblio. Felicidades a tod@s.
Aquí tedes unha pequna reportaxe do momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario