martes, 15 de marzo de 2011

Agustín Fernández Paz, candidato ao Premio Andersen

A Organización Española para el Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) ven de propoñer ao escritor galego Agustín Fernández Paz como candidato español para o Premio Andersen, como recoñecemento a unha "contribución duradera á literatura infantil e xuvenil" dun escritor e dun ilustrador.
Ademais da candidatura a este premio, considerado o Nobel da literatura infantil, a OEPLI tamén propuxo a Fernández Paz para o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil Ediciones SM, que recoñece a traxectoria dos escritores que traballan para o público infantil e xuvenil.

Dende a nosa biblioteca, queremos felicitar a este escritor lugués afincado en Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario