miércoles, 25 de enero de 2012

Concurso de Microrrelatos de Nadal

Aínda que xa pasou certo tempo aquí están os gañadores do noso concurso de microrrelatos de Nadal. Ademáis de un agasallo para cada un deles os seus microrelatos serán publicados na revista  do Instituto. Noraboa a todos! e grazas pola vosa participación.
1º PREMIO
OS CORAZÓNS DO PIÑEIRO
         A época favorita de Xiana era o Nadal, porque seu avó viña visitala e traía como regalo un piñeiro ben feitiño. Un ano agasallou a Xiana cun piñeiro máxico. Das súas pólas penduraban corazóns de prata cos que podías dar vida aos teus soños de Nadal. Estes tornarían verdadeiros coa vida máxica de cada corazón.
         Pouco despois, Xiana recibiu a nova de que seu avó morrera.
         Tras moito chorar, ía todas as noites ó carón da árbore e collía un dos corazonciños. Asi, o avó reuníase con ela nos soños, contándolle historias marabillosas mentres durmía.
Antón Entenza Martínez 1º ESO D

         O Nadal achegábase e os meus amigos e máis eu pensabamos nos agasallos deste ano. Barallabamos diversas opcións: cambiar de móbil, un novo set de maquillaxe ou roupa. Todo parecía perfecto, pero algo fallaba, non me sentía de todo feliz por ter cousas materiais. O reflexo da miña infelicidade era ela, unha compañeira de clase que, pese a non destacar pola súa roupa ou pertenzas, sobresaía polo seu sorriso que eu envexaba. Antes eu era asi, pero o tempo fainos cambiar. E pensándoo ben, este Nadal o mellor agasallo sería recuperar a sinxeleza que eu tanto estrañaba.
Daniel Sobral Olivera 4º ESO C
2º PREMIO
         O Nadal é felicidade e harmonía, pero se todo isto o misturas coa miña familia, vólvese arrepiante e diabólico. A miña avoa, cortando o xamón asado (esquecíaseme decir que ten parkinson)... ¡media hora para comer! Os meus crmáns xemelgos, berrando e tirándose comida. O meu pai, co mesmo disfraz de Papá Noel de hai vinte anos, todo remendado, cantando panxoliñas no seu inglés inventado... e eu, no medio, desexando que se pase o Nadal dunha vez, para que todo volva á “normalidade”.
Noelia Riobó e Jennifer Cancelas 4º ESO C

3º PREMIO
UN NADAL AO LADO DUN SER QUERIDO
         Érase un 24 de decembro de 2010. O meu primeiro Nadal co meu irmán maior  que veu do exército. Cando o vin entrar pola porta, penséis que o meu maior regalo de Nadal se cumplira. Por fin podía cantar panxoliñas e tomar as uvas ao seu carón. Sabía que o ano 2011 empezaría cun sorriso, non coma o ano pasado no que todo forn vagaos pola morte do  meu can.
        Diego Fonseca 2º ESO C

No hay comentarios:

Publicar un comentario