A Semana da Ciencia, organizada polo Departamento de Ciencias e o Equipo de Biblioteca, foi UN GRANDE ÉXITO: todos os eventos que tiveron lugar, contaron cunha numerosa participación dos alumnos.
O OBRADOIRO DE FÓSILES foi unha iniciativa desenvolvida polos rapaces a partir das indicacións dos profesores e duns paneis informativos onde estaban sinalados os pasos que debían seguir.
A EXPOSICIÓN ADICADA AOS DINOSAURIOS foi visitada pola maior parte dos grupos do centro, acompañados das explicacións dos seus profesores de Ciencias. A ampla e variada colección de FÓSILES espertou o interese dos alumnos.
Tamén o CONCURSO obtivo unha participación numerosa. Cada día colocamos unha pregunta nun panel, os rapaces contestábana nunca tarxeta que era introducida nunha urna.
Os ganadores recibiron o seu agasallo con timidez, pero orgullosos do seu acerto.
Alumnos gañadores:
1º premio: Xoel Iglesias Cruz e Nicolás Fernández Malvido 2º premio: Alejandro Iglesias Pequeño e Saúl Menduiña Solla
Respostas correctas:
1. Glossopetrae.
2. Cruziana.
3. Richard Owen.
4. Mamut.
5. Tiktaalik.
No hay comentarios:
Publicar un comentario