jueves, 19 de abril de 2012

23 de Abril: Día do Libro



Wordle: UntitledO Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir Nabokov, Maurice Druon, Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario