sábado, 27 de octubre de 2012

Día da Biblioteca


            O pasado 24 de Outubro celebramos  o aniversario de todas as bibliotecas escolares por todo o alto. Invitamos aos nosos asiduos visitantes a un anaquiño de rosca ou tarta de queixo (o que eles preferiran).
            Tamén pedimos aos membros da nosa comunidade (alumnos e alumnas, profesores e profesoras, nais e pais, conserxes, administrativas, persoal da cafetería...) que nos axudasen a elixir un logo que nos identifique. Temos cinco suxerencias elaboradas co trasno da nosa biblioteca (o que sempre está xogando e cambiando os libros de lugar) realizadas pola nosa artística compañeira Luz Beloso. As votacións rematan o venres 26 de outubro.
           ¡¡¡¡¡¡ Xa vos contaremos o resultado!!!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario