domingo, 16 de diciembre de 2012

Bicentenario da publicación dos contos dos irmáns Grimm

Os Grimm obtiveron dunha muller chamada Pastora a maior parte das historias que logo recompilaron como Contos para a infancia e o fogar, en dous volumes, 1812-1815. E a colección é aumentada en 1857, e coñecida como Contos de fadas dos irmáns Grimm. Contos infantís e caseiros, en 1812. Estes dous irmáns recrearon as historias dos campesiños, e contáronas con graza e gran sinxeleza, e lograron que os nenos do mundo enteiro apreciasen a beleza e a marabilla dos seus contos. Deste xeito, fixeron coñecer preciosas historias: Hansel e Gretel, Blancanieves, La pequena vendedora de mistos, Juan Sin Miedo, e moitas máis.

O traballo científico máis importante de Jacob Grimm é a Gramática alemá (1819-1837).

Wilhelm morreu o 16 de decembro de 1859 e o 20 de setembro de 1863 Jacob.


Jacob Ludwig Karl Grimm (1785-1863) e Wilhelm Karl Grimm (1786-1859) eran dous irmáns nacidos en Alemaña, que tiñan como profesión o estudo da filoloxía e o folclore.

Debido a iso, percorreron o seu país e foron falando cos campesiños, coas vendedoras dos mercados, cos leñadores, para aprender deles.

Jacob e Wilhelm Grimm recollían historias dos paisanos, ademais de estudar a lingua e o seu uso, o antigo folclore da rexión, etc.

Ían de acá para alá, interrogaban a xente, pedíanlles que se mergullasen na súa memoria en busca dos contos que lles contaban de pequenos, e tomaban notas inmediatamente.

Coas súas investigacións das traizóns e da lingua alemá eles defendían o seu país.

Os irmáns Grimm, neses percorridos, escoitaban as lendas que os campesiños alemáns oíran aos seus avós e que estes, á súa vez, aprenderan tamén dos seus avós.

Artigo traducido do orixinal: Bibliotecasvirtuales.com


Podedes dirfrutar das súas obras na nosa BiblioBernardino! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario