Escribe un relato do Nadal con 100 palabras
como máximo. Trátase de contar moito con poucas palabras. Pode ser humorístico,
amoroso, aventureiro, policíaco...Aquí vai, como
exemplo, o relato gañador do ano pasado:
OS CORAZÓNS DO PIÑEIRO
A época favorita de Xiana era o Nadal, porque seu avó viña visitala e traía
como regalo un piñeiro ben feitiño. Un ano agasallou a Xiana cun piñeiro
máxico. Das súas pólas penduraban corazóns de prata cos que podías dar vida aos
teus soños de Nadal. Estes tornarían verdadeiros coa vida máxica de cada
corazón.
Pouco despois, Xiana recibiu a nova de que seu avó morrera.
Tras moito chorar, ía todas as noites ó carón da árbore e collía un dos corazonciños.
Asi, o avó reuníase con ela nos soños, contándolle historias marabillosas
mentres durmía.
Antón
Entenza Martínez
Haberá premios para os tres mellores e serán publicados na revista do instituto.
Os microrrelatos deben ser entregados na Biblioteca, como máximo, o mércores 19. Os premios serán entregados o xoves 20 , durante o recreo, na Biblioteca.
Poden participar Profes?
ResponderEliminar