domingo, 27 de octubre de 2013

Día das Bibliotecas 2013

O día das Bibliotecas celébrase o 24 de outubro, mais este 24 de outubro pensabamos que era mal día para celebralo, moitos amantes dos libros e das bibliotecas - e das lambonadas - non estariamos.
Así que houbo o venres 25 algunha torta imperial (de nata e chocolate), algunha profesora e moitos alumnos ... algún profesor chegou quince minutos despois e xa estaba todo recollido, nin migallas, nin fotos. A puntualidade ten o seu premio.

E nesta viaxe na que a primeira parada foi este 25 de outubro, a segunda parada é o 18 de novembro; recordade que no Club de Lectura recibiremos a visita de Xesús Constela, para poder falar con el do seu primeiro libro, que agora cumpre dez anos, "As humanas proporcións". Anímadevos a vir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario