sábado, 9 de noviembre de 2013

Primeira sesión do Club de Lectura

A inicios de curso pareceunos boa idea vencellar as lecturas que imos facer ao instituto, por qué?, porque cumprimos 25 anos, e porque ás veces lemos tan lonxe que esquecemos aos que temos ao carón.

E así empezamos, o luns 18 de novembro comentaremos "As humanas proporcións" de Xesús Constela

Xesús Constela
O matrimonio Arnolfini (portada "As humanas proporcións")















E non podiamos deixar pasar a oportunidade de invitalo a vir, e el aceptou sen pensalo co día que nós propuxemos.


E Claudia e Sira grabaron un video (dentro da Productorabarxas do OIE, coa colaboración de Mª José) para invitarnos a asistir, e invitárannos ás futuras lecturas ... facerlles caso, seredes ben recibidos.

Máis información Na sección do Club de Lectura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario