domingo, 8 de diciembre de 2013

Elías Knörr, alter ego de Elías Portela ( Cangas do Morrazo, 1981), é un poeta e tradutor en galego e islandés. Con este pseudónimo medieval foi escollido coma un dos tres poetas máis representativos  da lírica actual islandesa, na centésima edición da" Poetry  Review" do Reino Unido.
A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ao.autor. Adapta ao galego, imaxes e conceptos poéticos doutros  idiomas, entre eles, a súa lingua artificial propia," lwyma"








 




                           

, na que bloguea habitualmente.



Terémolo connosco, o vindeiro martes, 17 de decembro, ás 12, na biblioteca para falarnos dos seus libros e da súa experiencia e traxectoria en Islandia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario