O 17 de decembro estivo na biblioteca o poeta e tradutor Elías Portela e, nunha charla pouco convencional falounos do proceso creador, da literatura das sagas en Islandia e a súa influenza na literatura fantástica europea; alumnos e profesores fixemos preguntas sobre a vida dun escritor nun país que reverencia o mundo literario dun xeito especial.
Elías leu algúns dos poemas dos seus libros " Cos peitos desenchufados" e " O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido" e tamén cantou en islandés, despois de aconsellarlle aos alumnos que percuren sempre novos horizontes.
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/12/18/portela-invitado-antologia-poetas-islandia/934471.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario