miércoles, 29 de enero de 2014

Preparando o segundo encontro: "O bosque dos raposo aforcados"



Xa está aí a data o próximo encontro e o segundo libro deste curso: "O bosque dos raposos aforcados".
Se non hai contratempos, estará con nós Tomás González Ahola, e promete ser tan interesante como a visita que tivemos de Xesús Constela e de Elías Portela.
Uns datos, unhas fotos ... e a ler.

Arto Paasilinna  naceu en Kittila en 1942. Foi garda bosques, periodista e poeta; agora, as súas novelas venden cien mil exemplares en Finlandia. O seu humor orixinal e o modo de contar historias desconcertantes fan del un autor traducido a todos os idiomas.

Ao castelán ten traducidas sete das súas novelas, e dous ao galego, “O bosque dos raposo aforcados” e “O muiñeiro ouveador”, ambas en Rinoceronte editora, e ambas traducidas por Tomás González Ahola.







Tomás González Ahola, naceu en San Adrián de Cobres, Vilaboa en febreiro de 1981; estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago.

 É socio fundador de Urco (2007) e de Contos Estraños (2011) ; a primeira é unha editorial que traduce ao galego libros de fantasía, ciencia ficción e terror; a segunda, publica obra orixinal de escritores galegos desa mesma temática. Tamén é socio de Sacauntos Cooperativa Gráfica, donde se imprimen, entre outros, os libros de Rinoceronte e de Urco.


Ademáis de traducir a Paasilinna ao galego, traduciu a H.P.Lovecraft (“Os mitos de Chtulhu”) e a Robert E. Howard (a serie de “Conan”); e ao castelán “Purga” de Sofía Oksanen para a editorial Anagrama.


En 2012 publicou  “Galiza mutante, poder nuclear”, donde “ catro mutantes acabados de chegar a Cmph´sthulhu, terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes”

No hay comentarios:

Publicar un comentario