martes, 18 de febrero de 2014

E o 17 de febreiro acompañounos Tomás González Ahola

Malia os ventos, as chuvias, as "cicloxéneses explosivas", Tomás chegou de Compostela para acompañarnos co "O bosque dos raposos aforcados"; nós comentabamos situacións que nos sorprendían, nas que intuíamos que había algo máis, e Tomás certificaba.
Que ningún veciño estranxeiro saíra ben parado non era casual; que foran a Laponia máis profunda, un buscando soidade e amparo, outro buscándose a se mesmo.
O agarimo co que retrata o autor a Naska Mosnikoff, e o agarimo co que os protagonistas trátanla.
Falounos do clima en Finlandia, do sol de medianoite, da auga translúcida, da sauna, dos lagos, do respecto pola clase política, do mimo que prestan a educación e os dereitos sociais; e tamén da elevada tasa de suicidios, do alto consumo de alcol, dos malos hábitos alimentarios.











Falounos do finés, da súa procedencia, dos préstamos de outras linguas e do fortes, poderosas que son as palabras coas que nomeamos aos animais domésticos, os numerais.
De como á hora de traducir cando lle pon voz a un personaxe pensa na voz de alguén en concreto, alguén que el coñece.
Xa por fin, a cinco minutos do aviso de reincorporarse ás aulas, lle pedimos que nos falara de Lovecraft, "non podería ser galego, tiñalle medo a mar"
E acabou, non sen levar uns marcapáxinas do día de hoxe, deseñados polas alumnas Area Guede e Inés Camaño, e que algunha rapaza pidiu a Tomás que lle asinar ... e asinouno.

1 comentario:

  1. Moitísimas grazas por me convidardes. Foi unha mañá estupenda e sempre dá gusto ter un público tan atento. Un pracer e até outra!

    ResponderEliminar