....e os alumnos de 1ª de bacharelato , de Debuxo Artístico, co seu profesor, Chema, colaboraron con nós, expoñendo na biblioteca as máscaras que estaban preparando para a vindeira Mostra de teatro escolar do Morrazo que este ano terá a súa sede nas Barxas.
Mercamos sofás e comenzamos a ler poemas nas horas de lectura
en 3ª de ESO, con Matilde Llano, do seminario de Galego.
Foi unha fermosa experiencia que esperamos repetir.
Presentouno Noelia Riobó Paredes, alumna do bacharelato de Humanidades
Para disfrutar da poesía, fixemos na entrada da biblioteca umha exposición das últimas compras,¡ cómo non!,os poetas máis recentes, en galego e castelán e algunhas alumnas de 2ª , de Bacharelato Artístico, debuxaron un precioso mural.
¡A nosa biblioteca necesitaba albergar a poesía máis actual a carón dos clásicos !
esperamos contribuir cun gran de area a esa inmensa praia de beleza e de fondura que pode ser un poema.
¡¡ Animádevos a ler poemas!! , xa vedes que relaxadas e contentas quedaron estas rapazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario