miércoles, 30 de noviembre de 2016

CRÓNICAS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA - XAN LEIRA




Durante a semana do 28 de novembro temos instalada unha exposición de 14 paneis sobre o idioma galego no recibidor do Instituto elaborada por Xan Leira. O alumnado do centro irá pasando en grupos a vela e realizará as actividades que lles propoñen os seus profesores de galego.

Ademais, o 29 visitounos o documentalista Xan Leira e proxectou o documental Crónicas da Represión Lingüística, no que amosa a prohibición exercida sobre a nosa lingua durante os anos que dura a ditadura franquista. Asistiron todxs xs alumnxs de bacharelato do Instituto e tamén intercambiaron preguntas e reflexións co autor ao remate do visionado.

A actividade foi impulsada desde o Concello de Moaña e organizada polo EDNL

No hay comentarios:

Publicar un comentario