jueves, 30 de marzo de 2017

SALÓN DE LECTURA 2017







Un ano máis visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que xa vai pola 17ª edición. Este ano co tema vertebrador “O mundo que queremos”.
Comezamos cunha visita guiada na que percorremos varios espazos con palabras clave: diversidade (en toda a súa amplitude: crenzas, relixións, relacións, razas…), cooperación (cun xogo, os alumnos sentados nun círculo descalzáronse e cos brazos unidos ao compañeiro próximo tiñan que volver a calzarse), e paseando ante traballos feitos por colexios, exposición de tiras de Luis Davila, os bocetos e ilustracións finais de “Escaquis e Romeu” (libro con texto de Antonio Manuel Fraga e ilustracións de Jacobo F.S. que nos regalaron para a biblioteca do centro pola asistencia á obra de teatro).
E tras a visita, asistimos á representación de “Normas para saber vivir na sociedade actual “ de Sarabela Teatro, na que nos contaron todos os trámites burocráticos, e non burocráticos, ou formalidades polas que debiamos pasar dende que nacemos e nos inscriben no rexistro, nos escollen padriños e nomes, e a comuñón, e a voda, e as vodas de prata, e …). Aos rapaces non lles gustou o narrado, mais todos valoraron a posta en escena, o dinamismo dos intérpretes, a música en vivo…

E ás 12.30 estabamos fóra, un momentiño na cafetería e ás 13.00 montados no autobús de regreso ao centro.  














.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario