miércoles, 24 de mayo de 2017

RADIONOVELA: MEMORIAS DUN NENO GALEGO - PROXECTO DE 3º ESO A

A partir da lectura de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, o alumnado de 3º ESO  A organizouse en grupos de traballo coa súa profe de Lingua Galega, Adriana Vázquez, para elaborar un guion dramatizado sobre os capítulos que lles tocasen coa intención de crear unha radionovela sobre a figura de Balbino, o neno aldeán protagonista desta obra. Cada grupo se responsabilizou de buscar os elementos acústicos necesasarios para que cada capítulo lles resultase atractivo aos oíntes. Ademais, incorporaron elementos narrativos e descritivos imprescindibles para a comprensión dos textos dramáticos ao longo da radionovela. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario