sábado, 4 de noviembre de 2017

SAMAÍN: QUE FARÍAS ANTES DE MORRER?




Achégase o Samaín, tempo de calacús e castañas, pero tamén da Santa Compaña e de honrar aos defuntos para escorrentar aos malos espíritos. Por iso dende Bibliobernardino quixemos saber Que farías antes de morrer? Propuxemos un concurso coas opinións do alumnado. E as tres mellores tiveron premio.


Durante unha semana, todxs tivemos a oportunidade de contar que cousas quereriamos facer antes de estar mortxs. Por suposto, había que asinar con nome e apelidos para poder participar no concurso.







E o martes chegou a hora de escoller as tres mellores opcións. Entre o xurado atopábanse Moisés (profe de galego), Brais (profe de filosofía), Cristian (alumno de 1º BACH) e Charo (encargada da biblio e orientadora). A xulgar pola de voltas que tiveron que dar, resultoulles moi complicado tomar unha decisión.Os eliminados ían desaparecendo do panel, ata que pouco a pouco foi quedando máis despexado.







E por fin, despois de moito escoller, o xurado chegou á selección dos finalistas.







A entrega de premios fíxose o venres na biblioteca durante o recreo. O terceiro premio correspondeu a Isabel Cascante (2º Bach), o segundo a Alejandro Barros (2º ESO A) e o primeiro a Alberto Álvarez (3º ESO B). Charo e Cristian foron os encargados de repartir os premios.







No hay comentarios:

Publicar un comentario