martes, 29 de mayo de 2018

COMICON-MOAÑA: SÁBADO POLA TARDE



Pechamos para comer, pero ás 16:00 xa estabamos de volta. No pavillón do cole de Reibón tiña lugar o torneo de Quidditch, mentres no Alto da Praza daba comezo o torneo de videoxogos Smash Bros para Wii U. E estes últimos arrasaron!! Produciuse unha aglomeración de xente ávida por participar na competición, que se prolongou durante case toda a tarde. 








Entrementres, ás 17:00 iniciábase o obradoiro de debuxo manga que impartiu María Vilar, de Clases de Cómic Vigo. A María e a Iago Araújo, xa os coñeciamos porque os membros dos clubs de manga do IES As Barxas e A Paralaia asistiran xuntos a un obradoiro con eles en Vigo. E todxs quedamos encantadxs!!



Ás 18:00 actuaron no escenario central o grupo Idols Kasei.







Ao longo de todo o día, no parou de haber xente xogando no espazo das nerf, e, durante a tarde, de novo a Asociación de Jugger de Cangas organizou varios torneos no exterior do recinto da praza de abastos. 



Témoslle que agradecer de novo á biblioteca municipal de Moaña o préstamos de cómics e mangas, que nos permitiu organizar un espazo destinado á lectura, que estivo extraordinariamente concorrido. Neste espazo preparamos unha pequena exposición sobre autoras de cómic galegas, centrándonos en María Vilar e Begoña García-Alén (que impartiron sendos obradoiros na Comicon), xunto con Emma Ríos. (Grazas, Ana, por preparar os carteis!!)




Entre outros visitantes, este ano contamos tamén con Alessa Kael, debuxante e creadora de contido audiovisual, que organizou un stand cos cadernos, zapatillas e demais materiais elaborados por ela.




Tamén houbo stands de venda de produtos relacionados co mundo do manga e do cómic, ademais de varias librerías do Morrazo, como Wells.






E para rematar a xornada, ás 19:00 comezaba o concurso de karaoke e micro aberto, magnificamente presentado por Ayelén Giambroni (IES As Barxas) e André Vázquez (IES A Paralaia).








No hay comentarios:

Publicar un comentario