sábado, 24 de octubre de 2020

     AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

Boa tarde a todo@s! Por primeira vez neste curso, e despois de algún tempo "desaparecidos", imos poñer a andar este blog da Bibliobernardino para que sexa unha canle de comunicación e un escaparate das actividades desta biblioteca. Nestes tempos nos que a necesidade organizativa do centro nos obriga a ceder o espazo que antes utilizabamos para encontros, intercambio de libros, lugar de estudo e busca de información, lugar de lecer durante o recreo, etc., para outras utilidades, este blog vai ser o noso enlace principal.

    E que mellor día que este, 24 de outubro, no que vimos de celebrar o Día das Bibliotecas. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario