lunes, 18 de noviembre de 2013

Premios relatos curtos de terror, cabazas e doces.



Este pasado venres, na biblioteca e na hora do recreo, demos os premios aos relatos curtos de terror, ás cabazas e ás sobremesas do Samaín.
    Houbo dúas categorías: Bacharelato e Eso.

Os gañadores en bacharelato foron: Paula Solla , 1ª premio e Miguel Molanes , 2ª premio. Ambos de 1º B.

Na Eso, Isabel Cascante de 2º C, levou o 1º premio e Iker Riobó de 1º c , o 2ª premio.



 Deixamos este relato de Miguel Molanes , un dos gañadores.





Era unha fría e escura noite de tormenta. Xa pasaran 5 anos dende que Antonio viu á súa irmá de 7 anos falando soa na habitación, non entendeu o que dicía, pero si como a cara da pequena palideceu e os seus ollos tornaban baleiros; ao día seguinte ela apareceu queimada na súa habitación cunha nota de suicidio e có seu oso de peluche, intacto, ao seu carón.
Antonio non podía durmir debido a algo que lle preocupaba, así que decidiu ver algunha serie no ordenador, pero, cando o acendeu, un grito atronador seguido dun lóstrego, fixo que se lle xeara o sangue. Foise a luz, e outro grito fixo que se rompera o silencio momentáneo, o seu medo aumentaba por momentos, pero tiña que descubrir que estaba a pasar, “E se entrou un ladrón e está a atacar aos meus pais?” pensou el mentres abría a porta. O corredor estaba escuro, pero sabía o camiño como a palma da súa man, así que se dirixiu á habitación de seus pais. Cada paso que daba escoitaba cada vez máis cerca uns saloucos que proviñan sa dirección á cal se dirixía; chegou á porta, estaba medio aberta, Antonio a abriu e non viu nada, só a escuridade, pero seguía a escoitar o salouco provinte de dentro da habitación; deu un paso para diante para entrar e chocou cun móbil, “Que sorte” pensou Antonio, colleu o teléfono e o acendeu para iluminar a habitación, nada máis facelo o apagou. Non podía crer o que vían os seus ollos: as paredes e o chan estaban manchadas de sangue, e en medio da habitación atopábanse os corpos de seus pais.
Antonio, mais asustado que antes, volveu acender o telefono e apuntou cara o chan para iluminar o camiño a seguir e para non mirar directamente ao sangue. Chegou hasta onde estaban os seus pais e viu dos cadáveres con todos os membros cortados, separados dos seus corpos. Antonio non se podía mover debido ao “shock” traumático. Por un momento deixou de escoitar o salouco, pero a cambio escoitou, da mesma voz: “Irmán?”, el xirou a cabeza, iluminou co móbil a zona onde escoitou a voz, acercándose lentamente, e alí encontrou o oso de peluche da súa falecida irmá pequena. O oso seguía igual ca aquel nefasto día, pero ahora estaba cuberto de sangue de arriba a abaixo; colleu o oso para velo mellor, algo o empurrou moi forte por detrás, rapidamente deuse a volta. Non había ninguén, mirou as súas mans e o oso non estaba, iluminou o chan pero non o encontraba. Unha risa maléfica envolveu o ambiente durante un rato, el xa coñecía esa voz, pero era imposible, non podía crelo. Saíu ao corredor e ao final deste viu unha luz, na cal había unha figura dunha nena pálida co pelo negro, liso e largo: “Imposible”, pensou el. Íase a acercar a ela, pero unha lámpada caeu cerca súa cando a figura levantou a man, así que correu en dirección contraria, pero sentiu un forte dor no pé e caeu ó chan. Retorcéndose da dor mirou atrás e viu ao oso de peluche cun coitelo nunha pata e o seu pé amputado noutra. Non se podía mover por culpa da dor e do medo que estaba a pasar. Fixouse na súa irmá aínda tendo os ollos cheos de lágrimas, puido ver como se acercaba a el lentamente e lle dicía: “É pola túa culpa, irmán”. Nese momento levantou a cabeza e deixou a ver o seu rostro demoníaco: “Se non rexeitaras o meu amor por ti, non me deprimiría, e se non llo contaras aos nosos pais, non me houbera queimado viva”. Antonio estaba cada vez máis asustado, quería volver a ver a súa irmá, pero non desa forma: “Agora xa non podes escapar, controlei ao meu oso para que matara aos nosos pais por dicir que era un amor prohibido, e ti recibirás o teu castigo por rexeitarme, matareite coas miñas propias mans”. Da man do fantasma saíu unha chama que rapidamente queimou a Antonio cunha dor tan insoportable que se desmaiou e non sentiu a súa morte; a chama se expandiu por toda a casa hasta que a queimou por completo.
Ao día seguinte, a policía chegou á casa en ruínas, pero non encontraron ningunha pista sobre o acontecido, nin os corpos calcinados, nin o oso, nin sequera a tumba de Carla, a irmá de Antonio que ese día cumpriría 12 anos, xunto con Antonio, que cumpriría 16.  



 
 E o relato gañador na categoría de bacharelato , de Paula Solla, Memento mori


                       

                      
Os premios foron estes máxicos vales pra ir á cafetería de balde.¡ Que non se diga que non se pode vivir da literatura !

MEMENTO MORI


O seu avó contáralle de cativo a historia do home que se cría inmortal. Un home sen medos nin presas que atopou un reloxo dourado pendurando dunha árbore.
O reloxo marcaba o tempo, algo que ó home sobráballe. Cada día iba a esa árbore a contempla-lo reloxo, coma burlándose dalgo que a el non lle afectaba. Pouco a pouco, o son do reloxo metéuselle na cabeza ata que xa non o podía parar.
Decatouse entón que non contaba cara adiante, senón que era unha conta atrás.
O home enloqueceu tentando dete-lo reloxo sen conseguilo. Acabou por arrincalo da árbore e lanzouno cara o chan, esnaquizándoo.
O tempo detívose, do mesmo xeito que o fixo a conta atrás e a vida do home.
O seu avó amosáballe entón o reloxo, advirtíndolle sobre a forza tan grande que ese pequeno aparello medía.
De cativo nunca entendera a historia, mais el sempre lle regalaba un amable sorriso. Agora sabía que se trataba do paso do tempo e que debía aproveitalo antes de que se esgotase. Coma o do seu avó.
Mentres subía as escaleiras recordaba a historia do home e preguntábase se o seu avó habría escoitado o seu propio fin antes do accidente.
Abríu unha vella caixa no faiado e contemplou o reloxo dourado. Estaba roto, as agullas inamovibles, inútil.
    bum-bum  bum-bum
Sentía o seu corazón acelerarse.
    bum-bum  bum-bum
Unha forte atracción non lle deixaba aparta-la mirada.
    bum-bum  bum-tic
A imaxe do reloxo grabábase na súa mente.
    bum-bum  bum-tac
O tempo irrecuperável seguía pasando, fuxindo a toda presa.
    bum-tic  bum-tac
Cara o inescapable destino.
    bum-bum  tic-tac
Botou a correr cara a porta, asustado, e abriuna de golpe, sen percatarse das escaleiras que descendían cara o segundo piso.
    tic-tac  tic-
Pechou os ollos. Diante, un amable sorriso.
    tac


        



      Algúns relatos serán " animados", e dicir, isto continuará....................


¡¡Parabéns a todos por participar!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario