miércoles, 20 de noviembre de 2013

Xesús Constela e "As humanas proporcións", 18 de novembro de 2013

E chegou o día, e Xesús non nós fallou. Viña preparado para falar do libro, para explicarnos cómo empezou a escribir, cómo xurdiu o primeiro relato, cómo foron nacendo os demais, cómo correxía e correxía, cómo se documentou, cómo sacaba tempo, cómo estructurou o libro, cómo o premio trouxo consigo invitacións para continuar escribindo, cómo pasar dos relatos á novela, cales eran sus autores favoritos, cómo ve o futuro da nosa lingua ... vedes que falounos de moitas cousas, o que iba a ser unha hora convirtiuse en dúas, e todo isto axudado por unha presentación

 E contounos a historia do matrimonio Arnolfini, e a historia de Daniel e Sangaree,  e a historia do pavo das matogueiras australiano! do libro "Shakespeare destilado".

Alumnos nós dicían que cando leron o libro non entenderan algúns dos relatos e que agora os vían cunha nova luz; e todos esperamos para, roubándolle un pouco máis do seu tempo, asinar libros e marcapáxinas.





E cando todos subiron ás aulas Claudia e Sira grabaron unha entrevista para a "Produtorabarxas", ... non se para.

No hay comentarios:

Publicar un comentario