miércoles, 4 de diciembre de 2013

Club de lectura. Ímonos a Laponia

Hei
Xa temos libro para o segundo encontro do Club de Lectura; decidímonos por un libro publicado por Rinoceronte editora, polo primeiro da súa Colección Contemporánea:  "O bosque dos raposos aforcados" do finés Arto Paasilinna. Hai posibilidade de estar acompañados polo tradutor do libro ao galego, Tomás González Ahola, o día que nos reunamos (mediados de febreiro podía ser)
E nada máis, viaxemos con Oiva Juntunen e con Sulo Armas Remes ao bosque preto da aldea de Pulju, xunto ao lago Potsurais.
Aí van algunha das portadas do libro en outros países:


Non amosamos a portada en galego (xa a miraremos ao ler o libro), e en castelán que tamén está traducido, é semellante a do orixinal finés.
HeiHei

No hay comentarios:

Publicar un comentario