martes, 28 de octubre de 2014

Club de lectura: O xogo de Ender, 24 de novembro



Elexida a primeira lectura, a lectura neste primeiro trimestre:  "O xogo de Ender".

" O xogo de Ender" é unha novela de ciencia ficción publicada en 1985, escrita por Orson Scott Card, receptora do Premio Nébula.

 No ano 2070 a Terra teme un novo intento de invasión dos abázcaros e prepárase escollendo rapaces que irán a Escola da Batalla, para enfrontarse en combates de estratexia, en combates simulados. Mais a preparación é severa, e por riba de todos sobresae Andrew Wiggin, Ender. E esta é a súa historia.


Por certo, o libro en galego está publicado por Urco, a editora de Tomás González Ahola, do que tivemos a fortuna que nos acompañase no pasado curso na lectura de "O bosque dos raposos aforcados"

Por certo, todos os alumnos botaron de menos as proxeccións cinematográficas despois dunha lectura. Está previsto tela o seguinte luns 1 de decembro, aproveitando que hai unha versión cinematográfica moi recente, do ano 2013.


E, como ven sendo habitual nestes últimos anos, luns de 15.00 a 16.30 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario