martes, 28 de octubre de 2014

Empezamos un novo curso dun modo diferente

Este curso comezamos moi cedo. Dúas compañeiras en colaboración con profesores doutros centros deseñaron unha ambiciosa actividade que foi premiada en IniciaTICS, polas Fundacións Amancio Ortega e Santiago Rey Fernández Latorre. A actividade que durará todo o curso é a edición dun libro ilustrado. 
Pensaron no Club de Lectura como ós alumnos que podían dar o primeiro paso, a creación do texto. 



Para axudarnos a empezar estivo con nós Miguel Ángel Alonso Diz e falounos, interactuou con nós, de escritura creativa. Foron dous luns, 29 de setembro e 6 de outubro.


As redes xa se botaron, a ver se pescamos algo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario