martes, 25 de noviembre de 2014

Xa lemos "O xogo de Ender"

Este luns, 24 de novembro, tivemos o encontro da primeira lectura. Lectura cunha forte polarización, a varios gustounos, os máis non a remataron.
Eso non foi impedimento para comentar varios aspectos; a máis de un , preocupáballe a falta de verosimilitude ("¿cómo un rapaciño como Ender, pequeno como era, podía darlle unha patada no esterno a Stillson?", "¿cómo podían comer con pracer? seguro que estaba horrible a comida"), o que sorprendía a outros, que valoraban máis o significado da pasaxe que cómo era descrito.
Os rapaces na novela non están descritos como rapaces, actúan, falan como adultos, "nenos superdotados"
Amosaron os lectores máis novos descoñecemento sobre o Pacto de Varsovia, aínda que polo contexto intuían que era presentado como un perigo; a obra é dunha época na que aínda estaba vivo, como viva a desconfianza entre bloques.
Falouse dos momentos en que a relixión se tocaba, con Alaí e o seu "shalam", coa nai de Ender acariñándoo  pensando que durmía, " a xente fai cousas estrañas no nome da relixión" dise no libro.
Tamén da manipulación que ronda por toda a obra, como os adultos manipulan ós rapaces, a Ender especialmente, para aillalo, para que se enfronte só ante situacións extremas (" Ender Wiggin debe crer que sen importar o que pase, ningún adulto dará, xamais, un paso para axudalo como sexa") , como Peter manipula a súa irmá, e a todo o mundo coas personalidades de Locke e Demóstenes ("... mais están a discutir os puntos que nós propuxemos. Estamos a axudar a marcar a axenda")
Da guerra ou dos ataques preventivos non alleos ós nosos tempos.
Da natureza dos abázcaros, o seu comportamento como un todo orgánico dependente da súa raíña e como sen ela toda a colonia, todos eles desfalecían.
Pocas mulleres participan, mais pensamos que as que si son protagonistas, son personaxes fortes: Valentine, por suposto, e Petra Arkanian, é certo que ésta dá mostras de debilidade cando o xogo - a batalla final - está moi avanzada, pero tamén hai comandantes varóns ós que Ender reserva para misións máis sinxelas decatándose do seu cansanzo. Unha cita: "Hai algunha moza. É difícil que pasen as probas de admisión. Demasiados séculos de evolución están na súa contra", fai pensar nalgúns un tanto de misoxinia do autor, outros que é un comentario sen segundas intencións, que durante séculos as mulleres foron - maioritariamente - quen quedaba na casa coidando dos fillos, quen mantiña o fogar familiar, mermando as súas aptitudes para loitar; a empatía na que se insiste durante todo o libro de Valentine fíxoa non adecuada para liderar o xogo, esa empatía pódese entender aplicábel para todas as mulleres.

Lucía e Sira, das que máis falaron
Isabel preocúpase pola nosa saúde


Non é doado fuxir da foto
 E así quedou a charla, recordando que o próximo luns veremos a película.  Sobre a marcha, e co abano de lecturas que tiñamos en mente, e como a experiencia da ciencia ficción non foi negativa, decidimos comezar o ano con "Farenheit 451", ciencia ficción e sobre libros leremos ... e non menos importante, tamén con versión fílmica.
O próximo luns seguiremos contándovos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario