martes, 2 de diciembre de 2014

E xa vimos "o xogo e Ender"

O luns 1 de decembro quedamos de novo a comer no centro (comida rápida, que non "fast food", para ver axiña a película).  Algún alumno avisounos que non viría porque a lectura déralle un pouco de medo e non quería padécelo outra vez durante a película.
Vímola, case todos, en dous períodos: de 15.00 a 16.30, e aproveitamos que había hora de lectura no centro de 17.20 a 18.10, para que estos alumnos rematasen de vela ... e digo case todos porque tres dos profesores tiñamos grupos que atender nesa hora. E como quedou algún tempo aproveitamos para ver esceas eliminadas, esceas extendidas...
Gustou, a uns incluso máis que o libro, e nun debate xa moi longo no tempo sobre a fidelidade dunha versión fílmica ó seu orixinal literario, quedou claro que son dúas linguaxes distintas, con problemas propios nunha e noutra.
Botamos en falta a política da que fala o libro (Pacto de Varsovia, a campaña de Peter e Valentine na rede), máis detalle nas batallas na Escola de Combate, o aspecto do coronel Graff, do maior Anderson ... e é que todo non "cabía" nos 110 minutos de duración.
Non estivo mal, deixaremos pasar estos días de exames para retomar as lecturas xa co novo ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario