martes, 12 de mayo de 2015

Farenheit 451

O luns 23 de febreiro tocaba quedarnos a falar do libro de Ray Bradbury.  Ós alumnos parecíalles que a evolución do personaxe fora moi rápida, pouco matizada; comentouse que a idea dun libro non foi a orixinal, que o autor tiña varios relatos aos que deu forma e conexión para crear un único corpo. Si viamos que o encontro con Clarisse foi o momento no que replantexa o seu vivir e proceder.

Unha novela filla do seu tempo, cunha fonda preocupación por outra guerra, co simbolismo dos libros quemados, imaxe de intransixencias e totalitarismos presentes ao longo da historia, e co temor a que a tecnoloxía nos deshumanice, nos aílle, nos faga vivir nun mundo virtual.  A todos estos temores contrapón a figura dos homes libros, que viven no campo, ao aire libre, sen ataduras e que atesoran unha obra que irán transmitindo para non perder esa sabedoría e eses relatos.











E subimos, uns coa esperanza de que Clarisse fuxira e acaso Montag podería atopala, outros ... para qué enganarse!

No hay comentarios:

Publicar un comentario