martes, 12 de mayo de 2015

Visita ESAD e Salinae


O xoves 19 de febreiro, alumnos do Club de Lectura, do grupo do Teatro e diversificación de 3º ESO, saímos cedo do instituto para visitar a ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) de Vigo; recibíronnos amablemente e visitamos aulas de traballo (ensaio, deseño ...), rematando cunha actividade por grupos na que cada n debía explicar con tres fotos fixas unha historia e o resto debiamos entender.
Sendo recibidos
Maqueta dunha escenografía





E tras hora e media saímos cara o centro de Vigo, donde visitamos o centro de interpretación arqueolóxica "Salinae"; faláronnos da importancia da sal en tódalas civilizacións e os usos que se lle daba, cunhas explicacións moi amenas.  E xa tiñamos que ir de regreso ao instituto.

Recreación da salina, co Morrazo ao frente
Xa interactuando con nós

No hay comentarios:

Publicar un comentario