Comezamos con ciencia ficción e decidimos rematar con ela. Tiñamos previsto ler o libro e noutra sesión ver escenas da película "Blade runner", falar das moitas diferencias mais como se mantén o espírito da obra; da desolación da novela ó abigarramento da película, de detalles importantes que desaparecen e non son botados de menos (esposa de Deckard, importancia dos animais), a aparición doutros (a procura do enxeñeiro xenético que pode alongarlles a súa vida) ...
Os lectores máis novos non foron quen de lelo, e se o lector era de máis idade parece que aumentaba o gusto. Falouse que de novo unha guerra nuclear aparecía no argumento, a contaminación que afectaba ós humanos sendo invitados polo Estado a emigrar fóra do planeta cuns androides para servilos, cada vez máis sofisticados, máis indistinguibles respecto ós seus amos; da súa ansia de vida, o seu desexo de non ter prefixada a súa hora de morrer; da soidade dos humáns fronte o espírito colectivo dos androides.
E para rematar, o monólogo final de Roy Beatty (Rutger Hauer na película, do que se di que improvisou a imaxe de bágoas na chuvia):
No hay comentarios:
Publicar un comentario