lunes, 24 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

O luns 24 de outubro conmemoramos un ano máis, dende 1996, o Día das Bibliotecas en recordo da destrución de Vijenica, a Biblioteca de Saraxevo, que foi bombardeada e incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Non foi a única biblioteca destruída ao longo da historia: aí temos a Gran Biblioteca de Alexandría, tamén devastada durante o ano 48 a.C., ou, máis recentemente, a Biblioteca Nacional de Irak (2003).

A Biblioteca de Saraxevo posuía uns dous millóns de libros e moitísimos manuscritos de valor incalculable procedentes da cultura musulmana, serbia ortodoxa, croata católica e xudía. Por iso era un símbolo de coñecemento e interculturalidade que o fanatismo non puido aturar.

Por tal motivo, quixemos dedicar a hora de lectura deste luns a lembrarlle ao noso alumnado que o odio, a vinganza e o fanatismo sempre se senten ameazados pola cultura e o coñecemento; e que é precisamente por iso que as bibliotecas, templos que se levantan para protexer a cultura e o coñecemento, son destruídas unha e outra vez.


Pero a Biblioteca de Saraxevo foi reconstruída e abriuse de novo no ano 2014.


E como a nosa biblioteca tamén está aberta, viva e activa convidamos aos nosos visitantes a celebralo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario