martes, 8 de noviembre de 2016

CLUB DE LECTURA - "HOYOS"


O luns pasado celebramos a primeira sesión do club de lectura dos máis pequenos do instituto. A obra escollida foi Hoyos, de Louis Sachar. Xuntámonos a comer na biblioteca e aproveitamos o mantel para escribir o que nos suxeriu a novela. Foi unha mágoa que non puidesemos ver a versión cinematográfica desta historia (o ordenador deixounos colgad@s), pero aproveitaremos a seguinte xuntanza, o día 5 do vindeiro mes, para visionala e así aproveitaremos para comparar coa escrita.




Tamén nos acompañaron os profes Paco e Inés, que comeron canda nós na biblioteca.

Resultou moi interesante comprobar o que cadaquén quixo escribir na súa parte do mantel con respecto ao libro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario