miércoles, 16 de noviembre de 2016

CLUB DE LECTURA - "NADA"


Este luns pasado celebramos unha nova xuntanza do Club de Lectura, esta vez cos máis veteranos. O título escollido nesta ocasión foi Nada, a polémica obra da escritora danesa Janne Teller, que levantou non poucos enfrontamentos entre exacerbados detractores e ardentes defensores no momento da súa publicación. Os adultos do club tiñamos curiosidade por saber cal era a interpretación dos nosos adolescentes, se lles afectou e en que maneira. Para a nosa sorpresa (ou se cadra non tanta sorpresa), aos adultos a lectura resultounos máis ardua que a eles pola crudeza dalgunhas escenas. En todo caso, e malia sermos máis ben poucos nesta ocasión, o debate foi enormemente enriquecedor e produtivo. Quedámonos coas conclusións deles: "Xa sabemos que a vida non ten sentido. Ou non ten máis sentido que vivila. Non abonda con iso?".






No hay comentarios:

Publicar un comentario