martes, 3 de enero de 2017

XUNTANZA MANGA AS BARXAS - PARALAIA


A actividade do Club de Manga está a ser imparable. Ademais de ver os animes Mob Pshycho 100 e Infinite Stratos e tamén Yuri on ice, de intentar ler o manga Kamigami no Asobi (que atopou certas dificultades de localización), a proposta para o Nadal foi ver Cowboy Bebop. As xuntanzas deste grupo son constantes. A última delas, antes das vacacións, incluiu a visita do Club de Manga do IES A Paralaia co obxectivo de concretar as numerosísimas tarefas que teremos que acometer con motivo do macroevento Manga que se celebrará no mes de maio en Moaña e que vai contar coa participación de sete centros educativos da zona. A esta última xuntanza acudiu Curro, profe de A Paralaia e promotor da idea que nos terá a todxs en danza durante os vindeiros meses. Tomáronse decisións importantes e adquiríronse compromisos que requiren constancia e entusiasmo. Pero diso van sobrados os nosos mangas.












No hay comentarios:

Publicar un comentario