miércoles, 11 de enero de 2017

A MIRADA DA INFANCIA

.

A última xuntanza do club de lectura antes do Nadal levounos a falar de Matar a un ruiseñor.
"Un non comprende de veras a unha persoa ata que considera as cousas desde o seu punto de vista... ata que se mete na pel do outro e vai por aí coma se fose ese outro" ensinounos ese grandísimo personaxe que é Atticus Finch, E tamén que "A única cousa que non se rexe pola regra da maioría é a conciencia de cadaquén". Aprendemos a que saber que algo é inútil non é escusa para non seguir intentándoo.
Este luns, nada máis regresar do Nadal, quedamos para ver a ver versión cinematográfica. Como é bastante longa, levounos un mediodía e dous recreos. Pero pagou a pena!









No hay comentarios:

Publicar un comentario