martes, 7 de febrero de 2017

TOPONIMIA CON SOLEDAD RÍOS




Todo o alumnado de 4º ESO do Instituto asistiu a pasada semana ás charlas de toponimia impartidas por Soledad Ríos na Biblioteca do Centro.
Foron tres charlas, unha para cada curso, acompañadas polos seu profesores de galego, Iria e Moisés.
A actividade enmárcase dentro do programa Moaña Aprende promovido polo Concello e foi organizada polo EDNLinguaquetraba en colaboracuión co departamento de galego e coa propia biblio
Rodeados polos libros da biblioteca Bernardino graña, os rapeces e rapazas aprenderon os segredos que se agochan tras o nome dos lugares, que condensan séculos de historia, e tiveron ocasión de preguntar pola orixe da toponimia da contorna na que viven. Foilles de moito proveito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario