miércoles, 8 de febrero de 2017

DIE WELLE - A OLA




Onte algúns dos membros do club de lectura xuntámonos ao mediodía para ver unha película da que xa falamos hai algún tempo, despois de ler o primeiro libro deste curso, Nada, da danesa Janne Teller. Daquela comentabamos a forza do grupo na toma de decisións, sobre todo cando es adolescente, e alguén (creo que Natalia), lembrou "Die weller", "A ola". Esta película alemana recrea unha historia que aconteceu realmente en California cando un profesor de historia pretendeu amosarlles aos seus alumnos de maneira práctica os perigos da autocracia. Pero, nun momento determinado, o experimento escápaselle das mans. 




As dinámicas de interacción e os roles dentro dun grupo, o medo a ser excluídos, a fascinación pola figura dun líder, o fáciles que somos de manipular son, entre outros, algúns dos temas de debate deste filme que o conectan coa nosa primeira lectura. Foi unha oportunidade para abrir os ollos ante algunhas cuestións que non deixaron indiferente a ninguén.






No hay comentarios:

Publicar un comentario