domingo, 23 de abril de 2017

SEMANA DO LIBRO




Comeza a Semana do Libro e no IES As Barxas facémolo con enerxía, cunha morea de actividades programadas ao longo dos vindeiros días:

O LUNS 24 celebramos unha nova Xuntanza dos Clubs de Manga. Esta vez terá lugar no IES Coia 4 de Vigo e durará todo o día. Nesta ocasión  xa somos SEIS os centros que nos xuntamos.

O MARTES 25 o alumnado de 1º ESO xunto co grupo de teatro das Barxas asistirá á inauguración da XXI Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo (11:30-13:30).
O alumnado de 3º PMAR recibirá ao Club de Lectura do IES Manuel Antonio para acompañolos na realización dun roteiro literario a partir da obra "Como unha áncora", acompañadxs pola autora e compañeira nosa, Iria Collazo.

O XOVES 27 o alumnado do grupo de teatro das Barxas representará a súa obra na XXI Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo.

O VENRES 28, o alumnado do grupo de teatro das Barxas asistirá á clausura da Mostra en Cangas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario