domingo, 23 de abril de 2017

SORRISOS DE MAGDALENA

Velaquí un precioso traballo do alumnado de 1º ESO con Luz Beloso na Aula de Plástica.



Partindo dunha proposta do profesor JOSÉ BLAS GARCÍA, os alumnos e alumnas de Educación Plástica do IES as Barxas leámonos a manta á cabeza e realizamos o BOOKTRAILER, dun dos contos gañadores do concurso  INTERNACIONAL  " NO meu VERSO SON LIBRE".
 O relato que tivemos o privilexio de animar é ," Sorrisos de Magdalena" de Cecilia  Mansilla Sánchez da aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Ntro. Sra. do Perpetuo Socorro de Albacete

Pero, de que vai este proxecto ?

 O profesor Jose Blas convídanos a participar coa realización dun Booktrailer no proxecto colaborativo "CONTAMOS CON EMOTION",  e cóntanolo asi:

"O Certame de Relatos  "No meu verso son libre", é un proxecto de animación á escritura, ás narrativas e á lectura , que cumpre a súa décima edición, está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 17 anos que, atravesando unha situación de enfermidade e un momento complicado da súa vida, souberon positivizarlo, gozar e aprender a través das propostas que lle lanzamos desde  calquera das Aulas Hospitalarias de todo o mundo onde se fala  español (ou castelán) ou desde calquera dos servizos educativos denominados "de Apoio Domiciliario.
O certame está organizado polo Equipo de Atención Educativa Hospitalaria e Domiciliaria da Región de Murcia, co apoio de varios patrocinadores e da Consellería de Educación e Universidades da Región de Murcia......"
 Seguir lendo na LIGAZÓN 





A animación está realizada coa aplicación PLASTIC de IOS , aquí deixámos o noso tutorial da aplicación . 



No hay comentarios:

Publicar un comentario