miércoles, 17 de mayo de 2017

COMICON: DÍA 1 POLA TARDE

A tarde comezou ben cedo, coa  representación da obra de Teatro Kabuki "Caperucitas" que nos trouxo o club de manga do IES Escolas Proval de Nigrán a partir dunha adaptación do texto de Roald Dahl.




Ao mesmo tempo, tiña lugar o Torneo de Pokemon no interior do recinto.





Mentres que no exterior tiña lugar a gymkana, que comezou coa carreira de cegos entre as figuras dos enormes "Titanes" (da serie "O ataque dos titáns"), seguida de diversas probas relacionadas coa cultura anime.







Ao longo da tarde, mentres continuaban os obradoiros (agora de Hama Beams), os xogos de mesa, as pistolas Nerf, o Magic, etc, no interior, continuaban as charlas no oco central do recinto: Asier Mensuro, Octavio Beares e Andrés Magán, no exterior triunfaba o Jugger, un deporte de equipo no que se combinan deportes de pelota con deportes de loita, no que participan dous equipos de cinco persoas cada un. A pelota chámase jugg e as armas usadas están recubertas de materiais brandos.







E a tarde rematou con dous concursos que contaron con dúas presentadoras excepcionais: un de talentos e outro de Cosplay (no segundo deles actuaron como xurado o noso Xabi e mais a famosa costplayer e youtuber viguesa Yumivigo).







E así rematou unha longa, intensa e emocionante xornada ateigada de eventos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario