miércoles, 17 de mayo de 2017

COMICON: DÍA 1 POLA MAÑÁ





Despois do flashmob inaugural abrimos as portas da nosa COMICON INTERCENTROS e comezaron un sinfín de actividades que se prolongaron ata as 20:00. Pola mañá houbo varios obradoiros simultáneos monitorizados polo noso alumnado dos clubs de manga: maquillaxe, origami, xogos de mesa (neste caso a cargo de Mazinger), quidditch... así como dúas ponencias, "Zombies de Call of Duty" e "Evolución do Pokemon", tamén pronunciadas por alumnas e alumnos dos clubs de manga.













Ao mesmo tempo, tiña lugar outra charla para acompañar a exposición da historia da literatura fantástica a cargo de Urco Editora.



Outra das charlas que máis interese espertou foi a do autor de cómics Norberto Fernández, que conseguiu atraer ao seu redor a un bo número de asistentes.





Por certo, o flashmob inaugural non hoi o único baile da mañá. O alumnado do club de manga do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo tamén contribuíu coa súa participación nun Mannequin Challenge.



E, entre tanta actividade, tamén houbo remansos de paz, como os habilitados para a proxección de películas ("O castelo ambulante", "A princesa Mononoke" e "A chica que saltou a través do tempo") ou a sala de lectura, onde os nosos visitantes podían recrearse cunha selección de cómics cedidos pola biblioteca municipal para a ocasión.









E, por último, non podemos esquecer unha das actividades que máis éxito tivo entre pequenos e non tan pequenos: as pistolas Nerf, que tan ben atenderon os nenos e nenas dos clubs de manga de A Paralaia e das Barxas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario