miércoles, 17 de mayo de 2017

COMICON: FLASHMOB




O venres 12 de maio comezamos a celebración do evento da COMICON INTERCENTROS de Moaña cun flashmob, ao ritmo da canción de Justin Timberlake "Can´t stop the feeling", que xuntou a case 300 nenos de todos os coles e institutos da nosa comunidade educativa e de todas as idades, desde os pequeniños de 4 anos ata algúns de 2º de Bacharelato. Todxs acudimos vestidos con calzado branco, pantalón vaqueiro azul e camiseta branca co logo da Comicon impreso. Houbo un grupo de traballo de profes organizado a través do CEFORE que se encargou da preparación, xestión e ensaios previos. No noso insti, témoslles que agradecer a Lidia (toda unha experta en coreografías e xestión de grupos grandes de adolescentes ;)) e a Loli (entusiasta do baile) o seu desinteresado esforzo para conseguir que todo saíse ben. Tamén nos acompañou Charo, a nosa bibliorientadora.
A choiva tivo a ben esperar un chisco ata que rematamos de bailar, tanto na actuación das 10:30 como no segundo pase ás 12 e pico de mañá.
Foi emocionante compartir con tantxs nenxs e profes esta experiencia!!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario